Cordal do Atlas
Aparencia
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
Tipo | cordilleira | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | cinturón alpino | ||||
Localización | |||||
Continente | África | ||||
Localización | África do Norte | ||||
| |||||
Características | |||||
Altitude | 4.165 m | ||||
Dimensións | 300 () × 2.550 () km | ||||
Punto máis alto | Jebel Toubkal (4.167 m ) | ||||
Atravesa | Marrocos, Alxeria e Tunisia | ||||
Historia | |||||
Período de tempo | Precámbrico | ||||
O Cordal do Atlas é un sistema montañoso que percorre os estados norteafricanos de Tunisia, Alxeria e Marrocos, actuando de barreira entre o mar Mediterráneo e o deserto do Sáhara. O seu punto máis alto é o monte Toubkal, con 4.167 metros de altitude, situado ao suroeste de Marrocos.
A súa formación foi consecuencia da colisión entre as placas africana e euroasiática durante a oroxenia alpina, na era cenozoica.
Obras artísticas como o filme Mimosas (Óliver Laxe, 2019) ou o libro No colo do Atlas. Contos de Marrocos de Richard Hughes, traducido ó galego por R. Tato Plaza en 1989 (Xuvenil Alfaguara), teñen lugar nas súas paisaxes.